Acceso á profilaxis pre-exposición (PrEP) e post-exposición (PPE) fronte ao VIH

A PrEP é unha medida de prevención da infección por VIH. “PrEP” é o acrónimo de “PreExposure Prophylaxis”: Profilaxis Pre-Exposición. Consiste na toma de fármacos antirretrovirais co fin de previr a transmisión do VIH, mediante a toma dun comprimido diario, acompañada doutras medidas de prevención. A pastilla contén dous fármacos antirretrovirais: Emtricitabina e Tenofovir disoproxilo fumarato. Do mesmo xeito que con calquera outro medicamento, a PrEP debe ser prescrita por un médico. Os usuarios desta requiren un seguimento clínico xornal

A PrEP recoméndase a persoas non infectadas polo VIH, que teñen prácticas de risco para contraer a infección, seguindo as recomendacións do Ministerio de Sanidade. Os requisitos para o acceso a esta medida de prevención son: Usuarios VIH negativo, con idade igual ou maior de 16 anos e que cumpran os seguintes criterios:

  • Homes que teñen Sexo con Homes (HSH) e persoas transexuais e que presenten polo menos dúas dos seguintes criterios:
    • Máis de 10 parellas sexuais diferentes no último ano.
    • Practica de sexo anal sen protección no último ano.
    • Uso de drogas relacionado co mantemento de relacións sexuais sen protección no último ano.
    • Administración de profilaxis post-exposición en varias ocasións no último ano.
    • Polo menos unha ITS bacteriana no último ano.
  • Mulleres en situación de prostitución que refiran un uso non habitual do preservativo.
  • Mulleres e homes cisexuales, e usuarios de drogas inxectadas con prácticas de inxección non seguras, que refiran un uso non habitual do preservativo e que presenten polo menos dous dos seguintes criterios:
    • Máis de 10 parellas sexuais diferentes no último ano.
    • Practica de sexo anal sen protección no último ano.
    • Uso de drogas relacionado co mantemento de relacións sexuais sen protección no último ano.
    • Administración de profilaxis post-exposición en varias ocasións no último ano. Polo menos unha ITS bacteriana no último ano.

A “PrEP a demanda”, non está aprobada pola EMA no momento de elaboración desta actualización.