A regulación básica desta prestación está contida no artigo 94 do Regulamento do Mutualismo Xudicial.
O funcionario en activo que, por diminución psicofísica ou funcional, quedar incapacitado para o desempeño da función e pasar á situación de xubilado, terá dereito, ata que cumpra a idade en que procedese a súa xubilación forzosa, a unha prestación mensual equivalente ao 20% das retribucións básicas ordinarias percibidas o último mes en activo.
A prestación abóase mensualmente (14 pagas anuais) na contía indicada, revalorizándose anualmente nos termos previstos para as pensións de Clases Pasivas nas Leis de Orzamentos Xerais do Estado.
No mes no que o mutualista cumpra a idade establecida legalmente en cada Corpo ou Escala para a xubilación forzosa por idade, extinguirase o dereito a percibir esta prestación.