Axuda por enfermidades crónicas e oncolóxicas

Esta axuda do Fondo de Asistencia Social está dirixida a contribuír nos gastos de mutualistas (tanto titulares como beneficiarios) que teñan a condición de enfermos crónicos ou oncolóxicos, pola adquisición dos seguintes artigos. A contía da axuda consistirá no importe da factura, cumprindo co importe máximo e o período de carencia que se indican:

ARTIGO IMPORTE MÁXIMO CARENCIA
Cama articulada 900€ Por unha soa vez
Accesorios para cama articulada 120€ Por unha soa vez
Guindastre elevador e arnés 500€ Por unha soa vez
Asento giratorio de bañeira 100€ Por unha soa vez
Elevador de WC 30€ Por unha soa vez
Prótese capilares 350€ Unha vez ao ano
Sujetadores postmastectomía
(ata un máximo de dous)
150€, en total Unha vez ao ano

Desde a Resolución do 3 de xuño de 2014 da Mutualidade Xeral Xudicial, para solicitar estas axudas non é necesario cumprir requisitos de renda ou ingresos da unidade familiar.

Requisitos:

  • Os gastos deben producirse no exercicio no que se solicita a axuda.

  • O enfermo ten que ser mutualista cando se realizou o gasto e canto se solicita a axuda.

  • Esta axuda é incompatible con percibir outras axudas, de organismos públicos ou privados, que estean destinadas á mesma finalidade.