Axudas por parto, adopción ou acollemento múltiple

Teñen dereito a este subsidio os mutualistas nos casos de maternidade ou paternidade por parto múltiple, ou acollemento preadoptivo ou permanente múltiple, ou maternidade ou paternidade por adopción múltiple.

Estas axudas comprenden dúas prestacións que son compatibles entre si:

  • Subsidio especial por maternidade ou paternidade nos supostos de parto, adopción ou acollemento múltiples.
  • Prestación económica de pago único por parto ou adopción múltiples.

Subsidio especial

A contía do subsidio é a cantidade resultante de multiplicar por 42 (seis semanas do descanso obrigatorio) o haber regulador correspondente ao ano do feito causante do corpo ao que pertenza o mutualista, dividindo á súa vez ese resultado por 365. O produto multiplicarase polo número de fillos, a partir do segundo que nazan nun mesmo parto ou de menores adoptados ou acollidos simultaneamente.

Subsidio = (haber regulador no día do feito causante x 42 días / 365 días) x (Nº fillos simultáneos - 1)
Grupo Haber Regulador 2025 (euros/ano)
A1 51.311,65
A2 40.383,55
B 35.362,35
C1 31.015,26
C2 24.538,21

A1: Carreira Xudicial, Carreira Fiscal, Secretariado Xudicial, Médicos Forenses e Facultativos do INT. e C.F.
A2: Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, Corpo de Técnicos Especialistas de INT e CF e Corpo de Secretarios de Xulgados de Paz de municipios de máis de 7.000 habitantes.
C1: Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa e Corpo de Axudantes de Laboratorio do INT e Cf.
C2: Corpo de Auxilio Xudicial.

Prestación económica de pago único

A prestación consiste nun pago único, cuxa contía é o pago de 4, 8 ou 12 veces o salario mínimo profesional mensual vixente o día de nacemento ou data da resolución xudicial de adopción, segundo sexan 2, 3 ou máis fillos causantes.

Os fillos nados ou adoptados que estean afectados por unha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, computarán  dobre.

Nº de fillos nados Nº de veces do importe mensual do S.M.I. Importes segundo o SMI actual
2 4 4.736,00 euros
3 8 9.472,00 euros
4 e máis 12 14.208,00 euros

S.M.I. MENSUAL-  1.184 euros.