Atención a persoas maiores

Programa dirixido a atender estados de necesidade de quen alcanzaron unha determinada idade, sofren deficiencias psicofísicas que lles impiden o desenvolvemento normal da vida diaria, e carecen de recursos suficientes para facer fronte a ese estado.

Requisitos: ser mutualista (titular ou beneficiario) en alta na Mutualidade, ter 70 anos ou máis, ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65%, e non estar incurso en incompatibilidade.

O importe da axuda determínase en función do nivel de ingresos, conforme aos criterios e en función do baremo establecidos na Convocatoria.

Esta axuda é incompatibles con calquera outra dispensada ou financiada con fondos públicos, sempre que estean destinadas á mesma finalidade e exista coincidencia en canto ao suxeito e feito causante.