Atención a persoas drogodependentes

Programa dirixido a contribuír á rehabilitación de persoas que se atopen nunha situación de drogodependencia.

Requisitos: ser mutualista (titular ou beneficiario) en alta na Mutualidade e precisar un tratamento integral de drogodependencia dirixido á rehabilitación e reinserción socio-laboral.

O importe da axuda determínase en función do nivel de ingresos por persoa, calculado conforme aos criterios e o baremo establecidos na Convocatoria.

Esta axuda é incompatible con calquera outra dispensada ou financiada con fondos públicos, sempre que estean destinadas á mesma finalidade e exista coincidencia en canto ao suxeito e feito causante.