
Contido
- Cotización obrigatoria
- Suspensión da cotización
- Exención da obriga de cotizar
- Cotización da afiliación voluntaria
- Normativa
Cotización Obrigatoria
- Están obrigados a cotizar ao Réxime especial de Seguridade Social do persoal ao servizo da Administración de Xustiza, os mutualistas en alta comprendidos no seu ámbito de aplicación e que se achen nalgunha das seguintes situacións administrativas:
- Servizo activo, tendo a consideración desta situación, o goce de licenzas, incluída a situación de incapacidade temporal, ou por risco durante o embarazo ou durante a lactación natural.
- Servizos especiais.
- Suspensión provisional ou firme de funcións.
- Persoal ao servizo da Administración de Xustiza que pase a desempeñar destino ou exercer funcións como suplente, substituto ou interino nas Carreiras Xudicial e Fiscal, no Corpo de Secretarios Xudiciais ou nos demais Corpos ao Servizo da Administración de Xustiza.
- A obriga de cotizar nace desde a data de alta do interesado na Mutualidade Xeral Xudicial e mantense durante todo o tempo en que o afiliado se atope dado de alta.
Suspensión da cotización
Suspéndese a obriga de cotizar dos afiliados obrigatorios durante:
- O goce de licenzas por asuntos propios.
- A situación de suspensión firme.
As cotizacións dos mutualistas obrigatorios polos períodos anteriormente sinalados realizaranse desde a data en que se comece de novo a acreditarlles retribucións, descontándose mensualmente, ata a total extinción do débito, unha cota corrente e outra atrasada. No caso de que desde estas situacións pasen a excedencia voluntaria, ou calquera outra situación ou condición que non comporte a obriga de cotizar, deberán ingresar as cotizacións debidas.
Exención da obriga de cotizar
- Os mutualistas obrigatorios que pasen á situación de xubilados ou que perciban pensión do Réxime de Clases Pasivas causada na súa condición de persoal incluído no ámbito de aplicación deste Regulamento. A exención de cotización dos mutualistas xubilados terá efectos desde o mes seguinte ao feito causante.
- Os mutualistas que se atopen na situación de excedencia para atender ao coidado de fillos ou familiares, ou por violencia de xénero
Cotización da afiliación voluntaria
Os mutualistas voluntarios están obrigados a cotizar mentres se atopen en situación de alta facultativa. O mutualista deberá aboar neste caso a suma correspondente á cota do funcionario ou a funcionaria e a Achega do Estado. A cotización de mutualistas voluntarios retrotraerá os seus efectos ao día seguinte ao da data da baixa como mutualistas obrigatorios.