1. Que prótese son obxecto de reintegro?
Todas as que aparecen contempladas no Catálogo Ortoprotésico publicado mediante Disposición 856 do BOE núm. 22 de 2019 e a súa actualización Disposición 1426 do BOE núm. 25 de 2022.
2. Existe límite de idade para solicita a axuda destinada a financiar o tratamento de ortodoncia?
Si, o tratamento debe iniciarse antes de que a persoa beneficiaria cumpra 18 anos.
3. Hei de adquirir unha férula de descarga, está incluída dentro das prestacións dentarias recoñecidas por MUGEJU OA?
Non, a férula de descarga non se inclúe nas prestacións de MUGEJU OA.
4. O prazo de carencia establecida para as prestacións oculares inclúe á solicitude de renovación de cristais, no caso de axudas por adquisición de lentes?
Non, son independentes e complementarios.
5. Existe unha axuda para a reparación dun audífono?
Si, sempre cos límites cuantitativos previstos na norma vixente. A renovación e reparación de audífonos terá un período de carencia de dous anos naturais.