Preguntas frecuentes sobre cotización

1. Quen teñen obriga de cotizar a MUGEJU OA?

Debe cotizar o persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza que se ache nalgunha das seguintes situacións:

  • Servizo activo (inclúe incapacidade temporal e risco durante o embarazo ou durante a lactación natural)

  • Servizos especiais

  • Suspensión de funcións

  • Licenza por asuntos propios

Queda suspendida a cotización nas seguintes situacións:

  • Suspensión firme de funcións

  • Licenza por asuntos propios

Queda exceptuado da obriga de cotizar o colectivo que se ache nalgunha das seguintes situacións:

  • Excedencia voluntaria por coidado de fillos ou fillas ou outros familiares, e por violencia de xénero.

  • Xubilación

2. Se exerzo o dereito de folga cotizo a MUGEJU OA durante o tempo de folga?

Si, posto que continúa de alta en MUGEJU OA, con dereito á asistencia sanitaria e resto de prestacións da mutualidade.

3. Canto debe cotizar unha persoa que sexa titular de forma voluntaria?

O colectivo titular voluntario debe aboar a suma da cota correspondente ao seu subgrupo profesional máis o importe da achega que corresponde ao Estado pola súa afiliación. Isto implica unha cota superior á do colectivo titular obrigatorio. Pode consultar o importe actual das cotas de afiliación voluntaria en Sección esta páxina da páxina web de MUGEJU.

Estas cotas abóanse mediante a domiciliación bancaria de recibos mensuais.

4. Debo aboar algunha cota polos meus beneficiarios?

Non hai que aboar importe adicional por ter persoas beneficiarias en alta.

5. Debo aboar algunha cota se son titular por viuvez ou orfandade?

Non.

6. Estiven a prestar servizos como persoal interino antes de xullo de 1990. Onde podo solicitar un certificado que acredite eses anos cotizados para efectos da xubilación?

Deberá dirixirse ao Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, seguindo o procedemento establecido en Instrución esta instrución ditada polo mesmo.