Prestacións

As prestacións a que teñen dereito as persoas mutualistas e os seus beneficiarios e beneficiarias, cando se atopen nos supostos de feito legalmente establecidos, son as seguintes:

  1. Asistencia sanitaria.

  2. Subsidio por incapacidade temporal, por risco durante o embarazo e por risco durante a lactación natural.

  3. Prestacións recuperadoras por incapacidade permanente, total, absoluta e gran invalidez, e para a retribución do persoal encargado da asistencia ao gran inválido.

  4. Indemnizacións por lesión, mutilación ou deformidade, de carácter definitivo non invalidante, orixinada por enfermidade profesional ou en acto de servizo ou como consecuencia del.

  5. Prestacións sociais e asistencia social.

  6. Prestacións familiares por fillo a cargo con discapacidade.

  7. Subsidio especial por maternidade ou paternidade nos supostos de parto, adopción ou acollemento múltiples, prestación económica de pago único por parto ou adopción múltiples e prestación económica de pago único por nacemento ou adopción de fillo en supostos de familias numerosas ou monoparentais e nos casos de nais discapacitadas.

Revisado a data 06 de xuño de 2024.