Prestacións complementarias: ortoprotésicas

A Mutualidade Xeral Xudicial concede axudas económicas para compra, aluguer, ou reparacións no seu caso, dunha serie de produtos ortopédicos contidos no catálogo de material ortoprotésico, no que ademais se regulan os períodos de carencia e os importes máximos de financiamento, conforme se contén na Resolución do 4 de decembro de 2019 (BOE 18/12/2019) que actualiza parcialmente o catálogo contido no anexo I da Resolución do 6 de maio de 2008 (BOE 23/05/2008).

 

NORMATIVA

Resolución do 6 de maio de 2008, B.O.E. 23 de Maio de 2008.

Resolución do 19 de decembro de 2012, B.O.E. 29 de decembro de 2012.

Resolución do 4 de decembro de 2019 , B.O.E. 18 de decembro de 2019.

Resolución do 9 de xuño de 2022, B.O.E. do 23 de xuño de 2022.

 

COMO SE SOLICITAN

Os mutualistas deben solicitar esta prestación a través da sede electrónica da Mutualidade Xeral Xudicial.

Se non lles fose posible realizar a solicitude por Internet, poden facelo de forma presencial segundo o que indica o apartado "Presencial" da ficha de acceso á solicitude na sede electrónica.

Máis información e acceso á solicitude (sede electrónica)

 

OUTRA INFORMACIÓN RELACIONADA

ver: Plan de atención socio-sanitaria: devolución de gastos en material ortoprotésico (só para gastos en material ortoprotésico para os que previamente fose concedida a axuda de prestacións complementarias)
ver: Prestacións complementarias: audífonos, colchón antiescaras, laringófono, medias de compresión, etc.
ver: Fondo de asistencia social: axuda por enfermidades crónicas e oncolóxicas