Carta de servizos

A Mutualidade Xeral Xudicial ten como premisas fundamentais a atención ao mutualista e a mellora constante da mesma. As suxestións que nos cheguen sobre o funcionamento do Organismo, en todos os aspectos, serven para mellorar a calidade dos servizos e corrixir os posibles defectos existentes.

Esta CARTA DE SERVIZOS ten como finalidade informar aos mutualistas sobre que é a Mutualidade Xeral Xudicial, as prestacións que concede, os servizos que presta, os compromisos de calidade nas súas prestacións, e os dereitos que teñen os mutualistas en relación con eses servizos e prestacións.