Hormona de crecemento

Os criterios de utilización e protocolos de solicitude da hormona de crecemento están dispoñibles na páxina web do Ministerio de Sanidade, na sección profesionais-farmacia:

https://www.sanidad.gob.es/profesionales/farmacia/hormonacrecimiento/home.htm

A solicitude do tratamento ao Comité Asesor de Hormona de Crecemento debe realizarse cubrindo os protocolos de inicio e seguimento que se especifican na páxina web indicada anteriormente, que conteñen todos os parámetros a avaliar nos que se basean os criterios de autorización e renovación do tratamento. Ademais, debe achegarse á solicitude o consentimento informado do paciente debidamente cuberto. A ausencia de enchemento dalgún dato solicitado pode ser motivo dun informe negativo para o inicio ou continuidade do tratamento con hormona de crecemento.