Prestacións complementarias: odontológicas, oftalmológicas e outras

A Mutualidade Xeral Xudicial concede axudas económicas para prestacións dentarias, oftalmológicas e outras prestacións sanitarias, conforme ao establecido na Resolución do 4 de decembro de 2019 (BOE 18/12/2019), pola que se actualiza a regulación das prestacións complementarias e xeneralízase a súa tramitación en formato electrónico, a través da sede electrónica.

A contía e os períodos de carencia para cada artigo serán os estipulados na Resolución do 4 de decembro de 2019 da Mutualidade Xeral Xudicial.

 

Normativa

 

 

COMO SE SOLICITA

Os mutualistas deben solicitar esta prestación a través da sede electrónica da Mutualidade Xeral Xudicial.

Se non lles fose posible realizar a solicitude por Internet, poden facelo de forma presencial segundo o que indica o apartado "Presencial" da ficha de acceso á solicitude na sede electrónica.

Máis información e acceso á solicitude (sede electrónica)