Prestación por incapacidade permanente

Datos do procedemento
Iniciación
Solicitude do interesado
Prazo
6 meses
Silencio
Estimatorio

O funcionario en activo mutualista que, por diminución psicofísica ou funcional, quedar incapacitado para o desempeño da función e pasar á situación de xubilado, terá dereito, ata que cumpra a idade en que procedese a súa xubilación forzosa, a unha prestación mensual equivalente ao 20% das retribucións básicas ordinarias percibidas o último mes en activo.

A prestación abóase mensualmente (14 pagas anuais) na contía indicada, revalorizándose anualmente nos termos previstos para as pensións de Clases Pasivas nas Leis de Orzamentos Xerais do Estado.

No mes no que o mutualista cumpra a idade establecida legalmente en cada Corpo ou Escala para a xubilación forzosa por idade, extinguirase o dereito a percibir esta prestación.

 

COMO SE SOLICITA

Os mutualistas deben solicitar esta prestación a través da sede electrónica da Mutualidade Xeral Xudicial. Tamén poden solicitala de forma presencial segundo o que indica o apartado "Presencial" da ficha de acceso á solicitude na sede electrónica.

Máis información e acceso á solicitude (sede electrónica)