Devolución de gastos en material ortoprotésico

Esta axuda está destinada a financiar parcialmente os gastos nos que os mutualistas incorresen pola adquisición, renovación e/ou reparación de determinados produtos ortoprotésicos como son: andadores, muletas con tres ou máis partas, órtesis cervicais, de mans, de brazos, de xeonllo entre outras.

É necesario que para eses mesmos gastos en material ortoprotésico a Mutualidade Xeral Xudicial previamente concedese a axuda correspondente de prestacións complementarias.

Poden solicitar esta axuda os mutualistas titulares que estean en situación de alta, e son destinatarios destas axudas todos os mutualistas (titulares e beneficiarios).

Esta axuda é incompatible con calquera outra dispensada ou financiada con fondos públicos, sempre que estea destinada á mesma finalidade e exista coincidencia en canto ao suxeito e feito causante.

O importe da axuda fixarase en función do nivel de ingresos netos mensuais por persoa, calculado conforme aos criterios e en función do baremo establecidos na Convocatoria.

 

NORMATIVA

Resolución do 4 de decembro de 2019 , (BOE Nº 304 do 19 de decembro de 2019) da Mutualidade Xeral Xudicial, pola que se convocan axudas dos Programas do Plan de Atención Socio-Sanitaria para 2020.

 

COMO SE SOLICITA

Os mutualistas deben solicitar esta prestación a través da sede electrónica da Mutualidade Xeral Xudicial. Tamén poden solicitala de forma presencial segundo o que indica o apartado "Presencial" da ficha de acceso á solicitude na sede electrónica.

Máis información e acceso á solicitude (sede electrónica)

 

OUTRA INFORMACIÓN RELACIONADA

ver: Prestacións complementarias: produtos ortoprotésicos