Subsidios por incapacidade temporal e por risco durante o embarazo e durante a lactación

Situación de incapacidade temporal

Considéranse en situación de incapacidade temporal os funcionarios que obtivesen licenza por enfermidade ou accidente que impidan o normal desempeño das funcións públicas.

O dereito ao subsidio por incapacidade temporal a cargo da Mutualidade nace ao concederse a prórroga de licenza por enfermidade correspondente ao sétimo mes (durante o seis primeiros, os funcionarios da Administración de Xustiza teñen dereito á totalidade das retribucións).

A regulación básica do subsidio por incapacidade temporal está contida nos artigos 82 ao 93 do Regulamento do Mutualismo Xudicial

A contía do subsidio é fixa e invariable, e será a maior das dúas cantidades seguintes:

  • O 80 por 100 das retribucións básicas devindicadas (soldo e trienios), incrementadas na sexta parte dunha paga extraordinaria, correspondente ao primeiro mes de licenza.

  • O 75 por 100 das retribucións complementarias devindicadas no primeiro mes de licenza.

O importe do subsidio non poderá ser superior ás retribucións complementarias integras correspondentes ao primeiro mes de licenza; por tanto, no caso de que o importe calculado resulte superior, o seu importe reducirase no exceso.

O subsidio extínguese, entre outras causas, por:

  • Finalización da licenza por enfermidade.

  • Transcurso do prazo máximo de duración de incapacidade temporal, previsto no Texto Refundido da Lei Xeral de Seguridade Social.

  • Declaración de xubilación.

  • Falecemento.

 

Situación de risco durante o embarazo e durante a lactación natural

A situación da mutualista que obtivese licenza por risco durante o embarazo ou durante o período de lactación natural de fillo menor de nove meses terá a mesma consideración e efectos que a incapacidade temporal, coa particularidade de que a prestación económica equivalente ao subsidio por Incapacidade Temporal consiste nun subsidio a cargo de Mugeju en contía igual ao 100 por 100 das retribucións complementarias devindicadas no primeiro mes de licenza.

 

COMO SE SOLICITAN

Os mutualistas deben solicitar esta prestación a través da sede electrónica da Mutualidade Xeral Xudicial. Tamén poden solicitala de forma presencial segundo o que indica o apartado "Presencial" da ficha de acceso á solicitude na sede electrónica.

Acceso á solicitude na sede electrónica