Axuda por enfermidade celíaca

Axuda económica que atende as circunstancias especiais en que poidan atoparse os mutualistas, derivadas de enfermidade celíaca.

Serán causantes destas axudas os mutualistas, os titulares non mutualistas, e os beneficiarios incluídos nos documentos de afiliación de ambos.

Poden solicitar esta axuda os mutualistas que se atopasen en situación de alta ao sobrevir o estado ou situación de necesidade e que manteñan dita condición no momento de solicitar a axuda.

Esta axuda é incompatible con calquera outras percibidas doutros organismos públicos ou privados, sempre que estean destinadas á mesma finalidade e exista identidade de suxeito e de feito causante.

 

NORMATIVA

 

COMO SE SOLICITA

Os mutualistas deben solicitar esta prestación a través da sede electrónica da Mutualidade Xeral Xudicial. Tamén poden solicitala de forma presencial segundo o que indica o apartado "Presencial" da ficha de acceso á solicitude na sede electrónica.

Acceso á solicitude na sede electrónica