Bolsas de estudos para orfos (Fondo Especial)

Son beneficiarios desta prestación os fillos de mutualistas do Fondo Especial de MUGEJU falecidos. A idade límite para percibir esta axuda está fixada en 28 anos para a Mutualidade de Previsión de Funcionarios da Administración de Xustiza e 25 para as Mutualidades Benéfica de Funcionarios de Xustiza Municipal e Benéfica de Auxiliares da Administración de Xustiza.

As contías desta prestación son:

  1. Mutualidade de Previsión: 504,85 euros, ata os 16 anos; e 576,97 euros a partir de dita idade.

  2. Mutualidade de Auxiliares: 108,18 euros

  3. Mutualidade de Xustiza Municipal: 27,05 euros para o Grupo A (1º a 4º de PRIMARIA); 116,60 euros para o Grupo B (5º de PRIMARIA a 2º de BACHAREL); e 156,26 euros para o Grupo C (Carreiras Universitarias).

 

COMO SE SOLICITA

Esta prestación debe solicitarse a través da sede electrónica da Mutualidade Xeral Xudicial. Tamén se pode solicitar de forma presencial segundo o que indica o apartado "Presencial" da ficha de acceso á solicitude na sede electrónica.

Máis información e acceso á solicitude (sede electrónica)

 

OUTRA INFORMACIÓN RELACIONADA

ver: Información sobre a defunción