ALERTA chamadas fraudulentas

Chamadas fraudulentas procedentes dun número 901 pertencente ao Ministerio Sanidade.

O equipo de resposta ante incidentes do Ministerio de Sanidade alerta sobre un Incidente de Suplantación de identidade do Ministerio, desde o día 19 de abril de 2022, no que os usuarios particulares están a recibir chamadas desde o número 901 400 100 (número lexítimo do servizo de atención ao cidadán do Ministerio de Sanidade), requirindo unha serie de datos persoais que non se corresponden con calquera xestión administrativa levada a cabo polo Ministerio nin por ningún dos Organismos adscritos.

A oficina de atención ao cidadán do Ministerio de Sanidade informa que non se realizan chamadas, nin se envían mensaxes de texto, desde o número 901 400 100, polo que se roga a todo aquel que o reciba que rexeite calquera chamada procedente dese número e non achegue ningún dato que se solicite.