Prazo extraordinario para cambio de entidade médica

Publicouse resolución do Xerente da Mutualidade Xeral Xudicial con data do 30 de decembro de 2021, sobre a ampliación do prazo outorgado para efectuar cambios de entidade médica en 2022. Mediante a este resolución establécese, ademais do prazo ordinario do 1 ao 31 de xaneiro de 2022, un prazo extraordinario do 1 ao 28 de febreiro de 2022, durante o cal todos os mutualistas poderán realizar o cambio de entidade médica oportuno.