Incorporación ao sistema de receita electrónica de Galicia

Comunícase que desde o vindeiro luns, 21 de xuño de 2021, os mutualistas que elixiron a prestación de Asistencia Sanitaria co Servizo Público de saúde de Galicia (SERGAS) disporán de receita electrónica.

Con respecto ao visado de receitas, seguiranse visando nas oficinas da Mutualidade os seguintes produtos farmacéuticos:

  • Produtos dietoterápicos: (nutrición enteral domiciliaria, metabolopatías, resto leites infantís).
  • Vacinas individualizadas (bacterianas e anti-alérxicas).
  • Os medicamentos para Reprodución Humana Asistida.

Contido Relacionado por Etiquetas