Sobre a campaña de vacinación fronte á Covid-19, comunícase:
Que a Mutualidade Xeral Xudicial, está a traballar de forma coordinada e proactiva con MUFACE e ISFAS e xa facilitou ao Ministerio e ás Comunidades Autónomas correspondentes os datos actualizados necesarios dos mutualistas para levar a cabo a estratexia definida por cada unha delas para a vacinación.
O Sistema Público de Saúde de cada Comunidade Autónoma define a súa propia estratexia de vacinación e ritmo atendendo aos medios dispoñibles.
Na actualidade o Grupo de Traballo Técnico de Vacinación Covid-19, atópase determinando as posibles patoloxías susceptibles de vacinación preferente.
Hase de insistir, tal e como se anunciou o pasado mes de decembro, na necesidade de actualizar os datos na páxina web da Mutualidade, sendo de especial interese para a vacinación facilitar o contacto telefónico.
No entanto, recoméndase estar pendente da información actualizada a través da web: https://www.mugeju.es/ e a través da páxina do Ministerio de Sanidade https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludpublica/ccayes/alertasactual/ncov/vacunacovid19.htm