Subscrición de Adenda ao Concerto co Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos

Recomendar estas noticias

No día de hoxe culminou o proceso de elaboración e subscrición da Adenda ao Concerto subscrito con data 26 de xuño de 2017 entre a Mutualidade Xeral Xudicial e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos, polo que se fixan as condicións para a execución da prestación farmacéutica a través das oficinas de farmacia. 

Trátase dun documento meticulosamente traballado, e indispensable que abre a porta ao despregamento da receita electrónica, un dos grandes proxectos obxectivos deste organismo en liña coas necesidades do noso colectivo, incluído no Plan  de actuación de MUGEJU para o ano 2020.

A presentación da Adenda terá lugar na sede de MUGEJU o próximo día 8 de xullo coa presenza do Presidente do Consello de Farmacéuticos, don Jesús Aguilar, e destacados membros do seu equipo de dirección.