MUGEJU no sistema público de receita electrónica

Consello interterritorial

 

Uns 345.000 funcionarios adscritos ao tres mutualidades da Administración Xeral do Estado (AGE), residentes nas distintas comunidades autónomas, Ceuta e Melilla, e que optaron por recibir asistencia sanitaria por medios públicos, serán integrados nos sistemas de información de receita electrónica autonómicos.

Así o aprobou o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, reunido o xoves 15 de novembro no Ministerio de Sanidade, e no que están representadas todas as comunidades autónomas xunto a Ceuta e Melilla. A decisión supón un paso transcendental no proxecto de receita electrónica impulsado pola Mutualidade de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE), e cuxo obxectivo é a súa total implantación, tanto no ámbito público como no privado, ao longo de 2019 e 2020.

Deste xeito, o Consello Interterritorial equipara aos mutualistas de MUFACE, MUGEJU e ISFAS co resto de beneficiarios da sanidade pública en cada comunidade e supón unha mellora da calidade asistencial e a axilización do tempo en consulta. Tamén reducirá de forma significativa os desprazamentos ao centro de saúde, especialmente nos casos de tratamentos crónicos.

Contido Relacionado por Etiquetas