Nota Informativa sobre o Concerto Sanitario 2014

Mugeju subscribiu para o ano 2014, un novo concerto para a asistencia sanitaria coa totalidade das entidades médicas coas que conta actualmente, é dicir, con Asisa, SegurCaixa Adeslas, Caser, DKV, Mapfre e Sanitas.
 
Conservar esta diversidade de opcións entre as que pode elixir o beneficiario para obter a asistencia sanitaria, constitúe neste momento, un plus de calidade na elección da opción sanitaria que Mugeju conseguiu para o seu colectivo.
 
No entanto, este novo concerto de asistencia sanitaria para 2014 presenta cambios moi importantes, xa que se produciu unha modificación substancial dos medios asistenciais, que deben dispor as entidades en cada localidade.
 
Por esta razón, é necesario que se comprobe no cadro médico das entidades, os medios cos que conta cada compañía, de forma que se poida seleccionar a alternativa que resulte máis favorable a cada necesidade, facendo uso no seu caso, do cambio de opción sanitaria durante o mes de xaneiro de 2014.
 
Os medios de cada entidade poden consultarse na súa propia páxina web, nas oficinas provinciais da entidade ou nas delegacións provinciais de Mugeju.
 
En caso necesario, a partir do 1 de xaneiro de 2014, os mutualistas poden solicitar ás entidades a remisión ao seu domicilio dun cadro médico en formato papel ou formato electrónico, ou obtelo nas oficinas da entidade médica do seu lugar de residencia.
 
É moi importante que se comprobe a continuidade da vinculación coa entidade, dos médicos ou centros hospitalarios, aos que se acode habitualmente, consultando o cadro médico ou ben contactando co médico ou o centro directamente.
 
 
TELÉFONOS DE INFORMACIÓN DAS COMPAÑÍAS E PÁXINAS WEB:

 

Entidades Médica Teléfonos de Información Páxina web
ASISA 902 010 010 www.asisa.es
CASER 901 332 233 www.caser.es
DKV SEGUROS 902 499 600 www.dkvseguros.com/mugeju
MAPFRE FAMILIAR 902 204 060 www.mapfre.com/salud
SANITAS 902 102 400 www.sanitas.es/mugeju
SEGURCAIXA ADESLAS 902 200 200 www.adeslassegurcaixa.es

 

 

DESCARGAS:

Arquivos asociados