Reintegro de gastos de farmacia

Para unha serie de casos taxados, o mutualista pode solicitar o reintegro de gastos que haxa realizados en adquirir medicamentos, produtos sanitarios e produtos dietéticos que non foran prescritos en receitas oficiais de MUGEJU.

A contía que reintegrará a Mutualidade será a cantidade aboada menos a achega que corresponda ao beneficiario. A achega que corresponde ao beneficiario será a achega normal (30%), a achega reducida o (10% sen exceder un máximo) ou que corresponda en cada caso segundo a normativa vixente.

 

COMO SE SOLICITA

Os mutualistas deben solicitar o reintegro de gastos de farmacia a través da sede electrónica da Mutualidade Xeral Xudicial. Tamén poden solicitala de forma presencial segundo o que indica o apartado "Presencial" da ficha de acceso á solicitude na sede electrónica.

Máis información e acceso á solicitude (sede electrónica)