Medicamentos de dispensación hospitalaria, sen cupón precinto

Os medicamentos clasificados pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios como medicamentos de dispensación hospitalaria sen cupón precinto son especialidades financiadas que se dispensan nos servizos de farmacia dos hospitais e non comportan un pago por parte dos pacientes.

  • Servizos de saúde das Comunidades Autónomas: o propio hospital xestiona a prestación, e o mutualista non necesita realizar ningún trámite ante a Mutualidade Xeral Xudicial.

  • Entidades médicas privadas:

    1. O mutualista debe solicitar unha autorización á Mutualidade Xeral Xudicial.

    2. Para cada retirada de medicamentos, o mutualista debe proporcionar ao hospital un xustificante de retirada de medicamentos.