Subsidio de xubilación

Esta prestación consiste no pago, por unha soa vez, do dobre do importe íntegro dunha mensualidade ordinaria das retribucións básicas que figuren na última nómina que se percibiu en activo.

Terán dereito a percibilo os funcionarios que, estando en situación de activo, servizos especiais ou excedencia voluntaria por coidado de familiares ou por razón de violencia de xénero e ostentando a condición de mutualista da Mutualidade Xeral Xudicial, xubílense:

a) Con carácter forzoso por razón de idade.

b) Por incapacidade, ao chegar á data de cumprimento da idade de xubilación forzosa.

 

COMO SE SOLICITA

Os mutualistas deben solicitar esta prestación a través da sede electrónica da Mutualidade Xeral Xudicial. Tamén poden solicitala de forma presencial segundo o que indica o apartado "Presencial" da ficha de acceso á solicitude na sede electrónica.

Máis información e acceso á solicitude (sede electrónica)

 

OUTRA INFORMACIÓN RELACIONADA

ver: Información sobre a xubilación