Axuda por fillo a cargo con discapacidade

A prestación consiste nunha asignación económica mensual, por fillo ou menor acollido con discapacidade, que se establece en función da súa idade, do grao de incapacidade e da necesidade do concurso doutra persoa.

Prestación por fillo a cargo discapacitado (Ano 2021)
GRUPO: Causantes Importe mensual da prestación
Menores de 18 anos (Minusvalía ≥ 33%) 83,33
Maiores de 18 anos (Minusvalía ≥ 65 % ) 392,00
Maiores de 18 anos (Minusvalía ≥ 75 % e necesidade de terceira persoa) 598,80

O causante non perde a condición de fillo ou menor acollido a cargo polo mero feito de realizar un traballo lucrativo, sempre que continúe vivindo co beneficiario da prestación e que os ingresos anuais do causante, en concepto de rendementos do traballo, non superen o 100% do salario mínimo interprofesional.

Esta prestación é incompatible coa condición, por parte do fillo, de pensionista de xubilación ou invalidez na modalidade non contributiva e coa condición de beneficiario das pensións asistenciais reguladas na Lei 45/1960, do 21 de xullo, ou dos subsidios de garantía de ingresos mínimos e de axuda por terceira persoa, establecidos na Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social dos minusválidos.

 

NORMATIVA

A Lei 31/1991, 30 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para 1992, estableceu no ámbito de Mugeju a prestación por fillo a cargo con discapacidade, como modalidade das prestacións familiares por fillo a cargo.

Os artigos 12.1, f) e 21.3 do Texto Refundido aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2000 recollen expresamente, entre as prestacións de Mugeju, as “prestacións familiares por fillo a cargo con discapacidade”, remitindo para a súa regulación ao Capitulo IX do Titulo II do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.

O Real Decreto 1335/2005, ditado no ámbito do Réxime Xeral da Seguridade Social, desenvolve a normativa legal por fillo a cargo con discapacidade.

O Regulamento do Mutualismo Xudicial, aprobado por Real Decreto 1026/2011, do 15 de xullo (BOE de 4/8/2011), regula esta prestación nos seus artigos 109 e 110. 

 

COMO SE SOLICITA

Os mutualistas deben solicitar esta prestación a través da sede electrónica da Mutualidade Xeral Xudicial. Tamén poden solicitala de forma presencial segundo o que indica o apartado "Presencial" da ficha de acceso á solicitude na sede electrónica.

Máis información e acceso á solicitude (sede electrónica)