Atención a persoas maiores

Datos do procedemento
Iniciación
Solicitude do interesado
Prazo
6 meses
Silencio
Estimatorio

Esta prestación está dirixida a atender estados de necesidade de quen alcanzaron unha determinada idade, como consecuencia de deficiencias psicofísicas e de circunstancias familiares e sociais están impedidos para o desenvolvemento normal da vida diaria, e carecen de recursos suficientes para facer fronte a este estados ou situacións.

Poden formular solicitude de axuda os mutualistas e os titulares non mutualistas que se atopen en situación de alta. Serán beneficiarios destas axudas os mutualistas, os titulares non mutualistas, e os beneficiarios incluídos no documento de afiliación de ambos.

Estas axudas son incompatibles con calquera outra dispensada ou financiada con fondos públicos, sempre que estean destinadas á mesma finalidade e exista coincidencia en canto ao suxeito e feito causante.

O importe da contía mensual fixarase en función do nivel de ingresos netos mensuais por persoa calculado conforme aos criterios e en función do baremo establecidos na Convocatoria.

 

COMO SE SOLICITA

Os mutualistas deben solicitar esta prestación a través da sede electrónica da Mutualidade Xeral Xudicial. Tamén poden solicitala de forma presencial segundo o que indica o apartado "Presencial" da ficha de acceso á solicitude na sede electrónica.

Máis información e acceso á solicitude (sede electrónica)