Atención a persoas con discapacidade

Prestación dirixida a axudar a sufragar o custo de servizos, actividades ou medios técnicos requiridos para a atención a persoas con discapacidade.

Requisitos:

  • Ser mutualista (titular ou beneficiario) en situación de alta.

  • Estar afectado por unha discapacidade con grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33%.

  • Estar acreditada a procedencia dos servizos considerados neste programa mediante informe de facultativo especialista ou responsable da asistencia ao beneficiario da axuda.

  • En casos de estimulación precoz, que a idade do beneficiario sexa inferior a 7 anos.

O importe da axuda determínase en función do nivel de ingresos, calculado conforme aos criterios e en función do baremo establecidos na Convocatoria.

Esta axuda é incompatible con calquera outra dispensada ou financiada con fondos públicos, sempre que estean destinadas á mesma finalidade e exista coincidencia en canto ao suxeito e feito causante.

 

NORMATIVA

Resolución do 4 de decembro de 2019 , (BOE Nº 304 do 19 de decembro de 2019) da Mutualidade Xeral Xudicial, pola que se convocan axudas dos Programas do Plan de Atención Socio-Sanitaria para 2020.

 

COMO SE SOLICITA

Os mutualistas deben solicitar esta prestación a través da sede electrónica da Mutualidade Xeral Xudicial. Tamén poden solicitala de forma presencial segundo o que indica o apartado "Presencial" da ficha de acceso á solicitude na sede electrónica.

Máis información e acceso á solicitude (sede electrónica)