Axuda para gastos de enterro

Esta axuda concédese nos casos de falecemento de mutualistas (titulares ou beneficiarios), sempre que se atopen en situación de alta no momento do feito falecemento.

A contía desta axuda está establecida na Resolución do 19 de decembro de 2012 da Mutualidade:

  • No suposto do falecemento do mutualista: 250 euros. No entanto, se a axuda corresponde á persoa que se fixo cargo dos gastos de enterro, a contía a conceder será o importe da factura co límite de 250 euros.

  • No suposto do falecemento do titular non mutualista ou beneficiario: 150 euros. No entanto, se a axuda corresponde á persoa que se fixo cargo dos gastos de enterro, a contía a conceder será o importe da factura co límite de 150 euros.

Poden percibir esta axuda:

  1. No suposto de falecemento do mutualista titular por dereito propio, as seguintes persoas, segundo a orde de preferencia excluínte que se indica: 1º) o cónxuxe viúvo non separado xudicialmente; 2º) Os fillos que estiveren incluídos como beneficiarios no seu Documento de Afiliación; neste caso a solicitude deberá formularse polo fillo de maior idade, entendéndose que o fai en nome de todos; e 3º) a persoa que acredite aboar os gastos de enterro, mediante factura orixinal.

  2. Se o falecido é un titular por dereito derivado: a persoa que acredite aboar os gastos de enterro mediante factura orixinal.

  3. No caso do falecemento dun beneficiario: o titular do Documento de Afiliación no que aquel figure incluído.

 

COMO SE SOLICITA

Os mutualistas deben solicitar esta prestación a través da sede electrónica da Mutualidade Xeral Xudicial. Tamén poden solicitala de forma presencial segundo o que indica o apartado "Presencial" da ficha de acceso á solicitude na sede electrónica.

Máis información e acceso á solicitude (sede electrónica)

 

OUTRA INFORMACIÓN RELACIONADA

ver: Información sobre a defunción