Oferta de PARADORES para o colectivo e os empregados de MUGEJU:
Conforme ao estipulado no acordo de colaboración subscrito entre a Mutualidade Xeral Xudicial (MUGEJU) e Paradores de Turismo de España S.M.E., S.A., durante o período do 02/01/2022 ao 22/12/2022 aplicarase a todos os afiliados e/ou empregados de MUGEJU e familiares a cargo cando vaian acompañados daqueles, o 15% de desconto sobre Tarífaa “ Parador” en todos os Paradores da Rede.
As reservas poderán realizarse na Central de Reservas de Paradores, teléfono 91 374 25 00, por correo electrónico, á dirección reservas@parador.es ou directamente en cada Parador, facilitando o seguinte código promocional "PCXVMJUD", debéndose identificar o peticionario como mutualista ou empregado de MUGEJU.
Pódese consultar a seguinte información adicional:
- Política de cancelación.
- Calendario de obras 2022, xa que algúns Paradores permanecerán pechados temporalmente ao longo do ano.
- Medidas sanitarias adoptadas fronte á alarma sanitaria da Covid-19.
As reservas están suxeitas a un número limitado de habitacións por Parador.