Medicamentos de dispensación hospitalaria, sen cupón precinto

Recomendar esta prestación

CONCEPTO

Os medicamentos clasificados pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios como medicamentos de Dispensación Hospitalaria sen cupón precinto son especialidades financiadas que se dispensan nos servizos de farmacia dos hospitais que non levan un pago por parte dos pacientes.

Para aqueles mutualistas e beneficiarios aos que se lles prescribiu un medicamento de dispensación en farmacia hospitalaria e cuxa asistencia sanitaria estea cuberta polos Servizos de Saúde da Comunidade Autónoma (INSS), será o propio hospital público o que xestione o trámite sen necesidade de acción por parte da Mutualidade Xeral Xudicial (MUGEJU).

Aqueles mutualistas e beneficiarios aos que se lles prescribiu un medicamento de dispensación en farmacia hospitalaria e cuxa asistencia sanitaria estea cuberta por Entidade Médica privada deberán solicitar autorización a MUGEJU.

SOLICITUDE

A solicitude debe constar de:

  • O impreso dispoñible na web cumprimentado
  • Un informe médico actualizado

PRESENTACIÓN:

  • Por correo electrónico á caixa de correos institucional do servizo de farmacia de MUGEJU: farmacia.mugeju@lista.justicia.es
  • De maneira presencial nas delegacións provinciais e a delegación de Madrid.

MUGEJU, despois das comprobacións necesarias:

  1. Autoriza á farmacia hospitalaria do hospital indicado a dispensación do medicamento.
  2. Comunica ao mutualista/beneficiario, pola vía de contacto que indicou o na solicitude, que a autorización foi emitida ao hospital podendo o mutualista/beneficiario ir recollela.

Dita autorización ten unha validez dun ano como máximo, debendo renovarse, se procedese, á finalización da mesma.

É moi importante que o hospital remita xunto con cada factura xustificante de retirada de medicamentos de dispensación hospitalaria sen cupón precinto, que debe ser  asinado polo paciente/mutualista e no seu caso pola persoa que retire a medicación da farmacia hospitalaria no seu nome.

O modelo de solicitude de autorización e o modelo de xustificante de retirada pódense descargarse en: