Cambio de compañía aseguradora encargada da póliza colectiva de asistencia sanitaria no estranxeiro e ampliación do límite de cobertura da póliza

Recomendar estas noticias

CAMBIO DE COMPAÑÍA ASEGURADORA ENCARGADA DA PÓLIZA COLECTIVA DE ASISTENCIA SANITARIA NO ESTRANXEIRO E AMPLIACIÓN DO LÍMITE DE COBERTURA  DA PÓLIZA

  1. A partir do 1 de xaneiro de 2020 a empresa encargada de prestar asistencia sanitaria de urxencias nos desprazamentos temporais no estranxeiro é  SOS COMPAÑÍA DE SEGUROS E REASEGUROS.

               

         INSTRUCIÓNS EN CASO DE SINISTRO:

 

  • O mutualista deberá contactar coa compañía por teléfono con chamada a cobro revertido, ao teléfono 91.572.43.43 se chama desde España ou ao 34.91.572.43.43 se chama desde o estranxeiro, debendo indicar:
     

* Nome e apelidos.

* Número de póliza : 42546

* Dirección e número de teléfono de onde se atopa.

* Descrición do problema que ten exposto.

 

  • Alternativamente, o mutualista  poderá solicitar o reembolso dos gastos dirixíndose por escrito a SOS SEGUROS E REASEGUROS, S.A. c/ Ribeira do Loira, 4-6, 28042 MADRID, achegando os seguintes documentos:
     

* Orixinais das facturas ou comprobantes dos gastos reclamados.

* Informe médico no que se faga constar o diagnóstico da enfermidade e no seu caso a necesidade de ser repatriado.

* Certificado de defunción e documentación que acredite o grao de          parentesco co finado para os casos de repatriación por falecemento de ou familiar.

 

   2. A partir do 1 de xaneiro de 2020 a póliza de asistencia sanitaria para desprazamentos temporais no estranxeiro  INCREMENTA  DE COBERTURA ATA UN LÍMITE DE 30.000 EUROS POR DESPRAZAMENTO.

 

Arquivos asociados