Axudas Económicas nos casos de parto múltiple

Recomendar esta prestación

Estas axudas, comprenden dúas prestacións diferenciadas:

  • Subsidio especial por maternidade ou paternidade nos supostos de parto, adopción ou acollemento múltiples.
  • Prestación económica de pago único por parto ou adopción múltiples.

Tipos de axudas

A súa regulación básica está contida nos Arts. 111 ao 117 do Regulamento do Mutualismo Xudicial, aprobado por Real Decreto 1026/2011, de 15 de xullo. (BOE 04/08/2011)

Subsidio especial por maternidade ou paternidade nos supostos de parto, adopción ou acollemento múltiples

Terán dereito a este subsidio, os mutualistas, nos casos de maternidade por parto múltiple ou de acollemento preadoptivo ou permanente múltiple ou de paternidade ou maternidade por adopción múltiple.

É compatible coa prestación económica de pago único por parto ou adopción múltiples.

A contía do subsidio será a cantidade resultante de multiplicar por 42 (seis semanas do descanso obrigatorio) o haber regulador correspondente ao ano do feito causante do corpo ao que pertenza o mutualista, dividindo á súa vez ese resultado por 365. O produto multiplicarase polo número de fillos, a partir do segundo que nazan nun mesmo parto ou de menores adoptados ou acollidos simultaneamente:

Subsidio especial por maternidade en caso de parto múltiple:

Subsidio = (haber regulador no día do feito causante x 42 días / 365 días) x (Nº fillos simultáneos - 1)
Grupo Haber Regulador 2019 (euros/ano)
A1 41.807,75
A2 32.903,75
B 28.812,57
C1 25.270,64
C2 19.993,26

A1: Carreira Xudicial, Carreira Fiscal, Secretariado Xudicial, Médicos Forenses e Facultativos do INT. e C.F.
A2: Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, Corpo de Técnicos Especialistas de INT e CF e Corpo de Secretarios de Xulgados de Paz de municipios de máis de 7.000 habitantes.
C1: Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa e Corpo de Axudantes de Laboratorio do INT e Cf.
C2: Corpo de Auxilio Xudicial.

O importe de Prestación de pago único por parto múltiple é un múltiplo do salario mínimo interprofesional, resultante de multiplicar este último por un coeficiente fixado en función do número de fillos nados simultaneamente.

Prestación económica de pago único por parto múltiple

Terán dereito a esta prestación de pago único, os mutualistas, nos casos de maternidade por parto ou de adopción múltiple, co obxecto compensar, en parte, o aumento de gastos que produce nas familias o nacemento ou a adopción de dúas ou máis fillos por parto ou adopción múltiples.

É compatible co subsidio especial por maternidade ou paternidade nos supostos de parto, adopción ou acollemento múltiples

A prestación consiste nun pago único, cuxa contía será o pago de 4, 8 ou 12 veces o salario mínimo profesional mensual vixente o día de nacemento ou data da resolución xudicial de adopción, segundo sexan 2,3 ou máis fillos causantes

Os fillos nados ou adoptados afectados por unha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, computarán dobre.

Nº de fillos nados Nº de veces do importe mensual do S.M.I. Importes no ano 2019
Feitos causantes entre 01/01/2019 e 31/12/2019
2 4 3.600,00 euros
3 8 7.200,00 euros
4 e máis 12 10.800,00 euros

S.M.I. 2019-  900€/mes. R.D. 1462/2018, de 21 de decembro