Fondo de Asistencia Social

Recomendar esta prestación
Datos do procedemento
Iniciación
Solicitude do interesado
Prazo
6 meses
Silencio
Estimatorio

Axudas económicas para situacións excepcionais de extrema necesidade na que poidan atoparse os mutualistas ou os seus beneficiarios, dentro das limitacións orzamentarias

Obxecto

Conceder axudas económicas que atenderán, ata onde alcance presupuestariamente, as circunstancias especiais e de extrema necesidade en que poidan atoparse os mutualistas, derivadas de situacións como as seguintes:

  • Enfermidade celíaca.
  • Enfermidades crónicas e oncolóxicas.
  • Estados de extrema necesidade.

Requisitos xerais

  • Ser mutualista ou beneficiario en alta da Mutualidade Xeral Xudicial ao sobrevir o estado ou situación de necesidade e que manteña dita condición no momento de solicitar a axuda.
  • Os gastos efectuados para os que se solicita a axuda débense producir no exercicio no que se solicita a axuda.

Documentación

  • Solicitude en modelo normalizado, que se pode descargar da páxina web desta Mutualidade, ou obterse nos Servizos Centrais ou nas Delegacións Provinciais.
  • Fotocopia compulsada da declaración do IRPF da unidade familiar, do exercicio inmediato anterior ao que se solicita a axuda ou firma da autorización a Mugeju, que figura na mesma solicitude, para que poida obter estes datos da Administración Pública correspondente.
  • Facturas orixinais justificativas do gasto.
  • Informes médicos ou de calquera outro tipo que xustifique a situación padecida.

Prazo de presentación

  • Do 1 de xaneiro ao 31 de decembro do ano en curso.

Resolución e recurso

  • Forma de inicio: a solicitude do interesado.
  • Autoridade que resolve: Xerencia da Mutualidade Xeral Xudicial.
  • Prazo de Resolución: 6 meses.
  • Efectos do silencio administrativo: positivo
  • Recurso: de alzada ante o Ministro de Xustiza.