Axuda para gastos de enterro

Recomendar esta prestación
Datos do procedemento
Iniciación
Solicitude do interesado
Prazo
6 meses
Silencio
Estimatorio

Entre as “prestacións sociais” previstas no artigo 10.1,e) do Real Decreto Lei 16/1978 (actualmente recollidas no artigo 12.1, e) do Texto Refundido aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2000) e implantadas polo Real Decreto 4097/1982, a Mutualidade Xeral Xudicial ten establecida a Prestación Social de Axuda para Gastos de Enterro.

A prestación está regulada polo artigo 104 do Regulamento do Mutualismo Xudicial, aprobado por Real Decreto 1026/2011, de 15 de xullo. BOE de 4/8/2011).

Esta axuda concédese nos casos de falecemento de mutualistas, titulares non mutualistas e beneficiarios incluídos no Documento de Afiliación de ambos, sempre que se atopen en situación de alta no momento do feito causante, sendo perceptores da mesma:

  1. No suposto de falecemento do mutualista (titular por dereito propio), as seguintes persoas, segundo a orde de preferencia excluínte que se indica:

     

    1º) o cónxuxe viúvo non separado xudicialmente;

    2º) Os fillos que estiveren incluídos como beneficiarios no seu Documento de Afiliación; neste caso a solicitude deberá formularse polo fillo de maior idade, entendéndose que o fai en nome de todos; e

    3º) a persoa que acredite abonar os gastos de enterro, mediante factura orixinal.

  2. Se o falecido é un titular non mutualista (titular por dereito derivado): a persoa que acredite abonar os gastos de enterro mediante factura orixinal.
  3. No caso do falecemento dun beneficiario, o titular do Documento de Afiliación no que aquel figure incluído.

Á vista das dispoñibilidades orzamentarias do exercicio 2013, fíxanse as seguintes contías:

a) No suposto do falecemento do mutualista: 250 euros.

No entanto, se a Axuda corresponde á persoa que se fixo cargo dos gastos de enterro, a contía a conceder será o importe da factura co límite de 250 euros.

b) No suposto do falecemento do titular non mutualista ou beneficiario: 150 euros.

No entanto, se a Axuda corresponde á persoa que se fixo cargo dos gastos de enterro, a contía a conceder será o importe da factura co límite de 150 euros.