Información sobre revalorización de prestacións

Recomendar estas noticias

Infórmase aos mutualistas perceptores de prestacións de Incapacidade Permanente, Gran Invalidez e de Axuda por Fillo a cargo con Discapacidade da variación que terá lugar na nómina do mes de marzo de 2019 onde se procedeu á actualización da nómina, como consecuencia do incremento previsto nas pensións percibidas en 2018 pola aprobación do Real Decreto-Lei 28/2018, de 28 de decembro, para a revalorización das pensións públicas e outras medidas urxentes en materia social, laboral e de emprego.

No caso de Incapacidade Permanente e Gran Invalidez á subida do 1,6% aprobada para as pensións en 2019 sumarase unha paga única que os pensionistas recibirán antes do 1 de abril do 0,1% que igualará a subida das pensións á media do IPC de 2018 que se situou no 1,7%.

Como consecuencia do anterior, na nómina de Xaneiro 2019 a Mutualidade Xeral Xudicial procedeu ao incremento do 1,6% das mencionadas pensións e na próxima nómina de Marzo 2019, procederase ao incremento da actualización do 0,1%, con efectos de xaneiro 2019 e ao abono dos atrasos correspondentes a xaneiro e febreiro, así como ao ingreso da paga única establecida.

A variación na nómina do mes de marzo de 2019 onde se procedeu á actualización da nómina, será o seguinte:

 

  Incapacidade Permanente Gran Invalidez
Paga única que compensa a desviación do IPC do 0,1% dos importes do ano 2018 entre 1,00 e 7,00 euros entre 2,47 e 23,05 euros
Incremento da actualización do 0,1%, con efectos de xaneiro de 2019 entre 0,13 e 0,58 euros entre 0,49 e 1,70 euros
Atrasos da actualización do 0,1% de xaneiro e febreiro de 2019 entre 0,30 e 1,50 euros entre 0,97 e 2,88 euros

 

En canto aos mutualistas perceptores da prestación de Axuda por Fillo a cargo con Discapacidade infórmase que de acordo co establecido no artigo 2.2 do Real Decreto-Lei 28/2018, de 28 de decembro, para a revalorización das pensións públicas e outras medidas urxentes en materia social, laboral e de emprego procederase a abonar unha paga única, antes do 1 de abril, para os perceptores de prestación por fillo a cargo con 18 ou máis de idade e un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100 que compense, a desviación do IPC, 0,1% dos importes da prestación percibidos no ano 2018.

 

  Axuda por Fillo a cargo con Discapacidade
Paga única que compensa a desviación do IPC do 0,1% dos importes do ano 2018 entre 1,11 e 6,84 euros